Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso deste web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Menú
X

As aldeas galegas están ameazadas por proxectos eólicos mal planificados que afectarán á vida das persoas que as habitan.

Os muiños de nova xeración miden 200 metros de altura pero, igual que os que medían 70 metros só estarán separados dos núcleos de casas por 500 metros. E nas aldeas non só estarán os muiños, rematarán inzadas de subestacións eléctricas e liñas de alta tensión para evacuar a enerxía.

Por iso, todas as plataformas que pedimos unhas aldeas libres de macroeólicos tamén reclamamos:

Non son parques, son macroparques! Administrativamente unha das trampas á que nos enfrontamos e que as administracións consinten é a fragmentación de parques.

Os proxectos que presentan as promotoras son de poucos eólicos porque así é máis sinxelo obter a declaración de impacto ambiental. Pero, na realidade, cada compoñente depende tecnica e economicamente dos demais compoñentes. Os efectos negativos destas instalacións son moitos e afectan aos territorios que habitamos de forma conxunta.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Que implica un macroparque nunha aldea?

  • RUÍDO. O zumbido insoportable e constante provocado polos aeroxeradores provoca nas persoas problemas cardíacos e alteración no sistema nervioso (estrés crónico, insomnio…). Os infrasóns emitidos polas turbinas tamén afectan negativamente ao gando.

  • ACCIDENTES. O desprendemento de pezas dos aeroxeradores pode alcanzar vivendas, persoas, animais e granxas. Ademais no inverno as aspas poden acumular xeo e lanzalo a centros de metros de distancia.

  • EFECTO DISCOTECA. As sombras das aspas que se proxectan sobre as casas provocan un efecto visual intermitente que é moi molesto e pode ocasionar estrés e alteración do sistema nervioso.

  • INTERFERENCIAS. O macroparque interfire no correcto funcionamento dos sistemas de telecomunicación (móbil, televisión…), radionavegación aérea e tamén radares.

  • ROUBO. O espazo forestal e agrario queda dependente do macroparque por 30 anos prorrogables.

  • PERDA DE VALOR. A existencia dun macroparque devalúa o valor dos terreos e das casas ata un 30%. A herdanza dos nosos avós vese empobrecida.

  • A PAISAXE. A paisaxe do noso rural, verde, agrario e vivo virarase máis parecido a un polígono industrial.

  • RURAL EMPOBRECIDO. A contorna verase afectada negativamente no eido económico coa devaluación do terreo, a vivenda e a degradación do medioambiente. Ninguén quererá vivir aquí e os negocios veranse gravemente afectados.
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

NOVAS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

COLABORA

 

Entre todos imos parar os macroéolicos!

Pon unha bandeirola na túa casa, forma parte do voluntariado e mantente ao tanto de todas a novas.